Competicións

Atrás Tríatlon Concello de Oleiros

Regulamento 2025 XXXV Tríatlon Concello de Oleiros

Mapa de carreira

Organiza:

Concello de Oleiros

Correo electrónico: deportes@oleiros.org

Teléfono: 981 610 000 

Colaboran:

Federación Galega de Tríatlon

Protección Civil do Concello de Oleiros

Policía Local do Concello de Oleiros

Garda Civil de Tráfico 

Data e horario da carreira:

Sábado 24 de Maio 2025

Saída ás 16:00 h

Distancia:

Para todas as categorías, sprint:

750 m de natación – 21 Km en bicicleta – 5,5 Km de carreira a pé

Participación:

Neste tríatlon poderán participar:

  • Todos/as os/as deportistas federados/as na Federación Galega de Tríatlon ou que tramiten licenza temporal de un día na Federación Galega de Tríatlon.
  • Para os efectos de control organizativo o número máximo de participantes será de 230.

Categorías (H/M):

Absoluta (Xeral), Xuvenil (2008-2009), Junior (2006-2007), Sub-23 (2002-2005), Veterán 1 (1976-85), Veterán 2 (1975-1966 ), Veterán 3 (1965 e anteriores)

Calendario de inscrición:

  • Do Luns 21 de abril ás 10:00 horas ata o luns 19 de maio ás 23:59 horas abrirase o prazo de inscrición aquí.
  • A organización reservará 5 prazas para triatletas das categorías Xuvenil, 5 Junior e 25 prazas para mulleres. Esta reserva manterase ata o mércores 7 de maio ás 14:00h.
  • O custo da inscrición para as persoas participantes é de 15 euros.
  • As persoas non federadas deberán tramitar ademais a licenza temporal de un día a través da web da Federación Galega de Tríatlon na seguinte ligazón.
  • Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario e xuntar o documento de protección de datos cuberto e asinado e a copia do DNI en Vigor. O abono da licenza de 1 día (20€ adultos / 6 € menores de 16 anos) farase con tarxeta bancaria a través de TPV.
  • Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do importe da inscrición.

Saída, boxes e meta: 

No parque A Lagoa de Mera, situado detrás da praia de Mera.