Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, nos meses de febreiro a maio e de outubro a decembro, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Programación

Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 4 de abril 2025 Ler para saber A CIENCIA: 4 de abril 2025

Ler para saber A CIENCIA: 4 de abril 2025

Alejandro Cardesín Moinelo falará da Exploración de Marte

    Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 21 de febreiro 2025 Ler para saber A CIENCIA: 21 de febreiro 2025

    Ler para saber A CIENCIA: 21 de febreiro 2025

    Carmen Rodríguez Coronado coa charla Mulleres e ciencia

      Imaxe Ler para Saber A CIENCIA: febreiro - maio 2025 Ler para Saber A CIENCIA: febreiro - maio 2025

      Ler para Saber A CIENCIA: febreiro - maio 2025

      Charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral. Lugar: Biblioteca Central Rialeda. Horario: 18:30 h.

        Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 13 de decembro 2024 Ler para saber A CIENCIA: 13 de decembro 2024

        Ler para saber A CIENCIA: 13 de decembro 2024

        Limpar de antobióticos o medio ambiente, a cargo de Carmen Rodríguez Coronado

          Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 8 de novembro 2024 Ler para saber A CIENCIA: 8 de novembro 2024

          Ler para saber A CIENCIA: 8 de novembro 2024

          Isabel Zendal e a expedición Balmis, a cargo de Ana González Tizón

            Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 11 de outubro 2024 Ler para saber A CIENCIA: 11 de outubro 2024

            Ler para saber A CIENCIA: 11 de outubro 2024

            Os fungos. Curiosidades, charla de Raquel Poncini Gómez

              Imaxe Ler para saber A CIENCIA Ler para saber A CIENCIA

              Ler para saber A CIENCIA

              Outubro - decembro 2024

                Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 31 de maio 2024 Ler para saber A CIENCIA: 31 de maio 2024

                Ler para saber A CIENCIA: 31 de maio 2024

                Investigación sobre microalgas con Carmen Rioboo Blanco

                  Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 19 de abril 2024 Ler para saber A CIENCIA: 19 de abril 2024

                  Ler para saber A CIENCIA: 19 de abril 2024

                  Enrique Iglesias Río. O corazón: función, patoloxías e coidados