"Analfabeta" de Érica Esmorís. Ilustrado por Dani Padrón e "A boca da sombra" de Emma Pedreira.
"Analfabeta" de Érica Esmorís. Ilustrado por Dani Padrón. En Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe
Analfabeta-o é o peor insulto do mundo para a nena protagonista deste álbum ilustrado. Mais a súa opinión vai ir cambiando cando a avoa lle conte a historia da súa vida. Porque cada persoa ten o seu ritmo e as súas circunstancias.
- Mocidade e persoas adultas:
"A boca da sombra" de Emma Pedreira. Editado por Aira.
Alguén está a matar as prostitutas de Putown e o medo esténdese polas rúas porque na cidade son elas as que gobernan.
100 páxinas, intensas e desacougantes, nas que diferentes personaxes nos desvelan as súas inquedanzas e van mostrando o que acontece.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.