Biblioteca Central Rialeda

Biblioteca Central Rialeda

Atrás Expo bibliográfica "75 cabodano de Castelao" en Rialeda e Dorneda

Expo bibliográfica "75 cabodano de Castelao" en Rialeda

En 2025 conmemoramos o 75º aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das personalidades fundamentais da Galicia contemporánea. Xunto a numerosas institucións e entidades culturais e sociais, as bibliotecas municipais de Oleiros queren sumarse ás celebracións do seu legado artístico, político e social.

Expo bibliográfica "75 cabodano de Castelao" na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)O obxectivo do Ano Castelao 2025 é lembrar a memoria e a herdanza de quen foi un dos fundadores da Galicia contemporánea, a súa cultura e o seu marco político: é imposible pensar Galicia sen pensar a Castelao.

"Dono das chaves da expresión» como di Otero Pedrayo de Castelao en "O libro dos amigos", e como podemos ler no web da Fundación Castelao: humorista, pintor, escritor, político, Castelao é antes que nada un gran comunicador, un creador entregado á causa da liberdade do seu país.

Co impacto da súa obra forxou a conciencia colectiva da Galiza de hoxe e converteuse nun mito. 

Fonte: fundacioncastelao.gal

Visita as expos bibliográficas adicadas a Castelao no seu 75 cabodano no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda).

Libros de Castelao dispoñibles en Galicia Le