Presentación Xuventude

Presentación

A área de xuventude do Concello de Oleiros, ten como obxectivo fundamental ós rapaces e rapazas do noso concello, traballando por e para eles. 

Para isto o Centro de Información Xuvenil (CIX) leva anos como referente para a información, orientación e asesoramento de todos os temas que interesan e afectan á mocidade: emprego, formación, ocio, etc. 

Tamén traballa dende o ámbito educativo, onde desde hai anos mantén a mesma liña de traballo, se programan, ofertan e desenvolven unha serie de actividades educativas que teñen como obxecto formar a mocidade oleirense en valores que favorezan á liberdade persoal, responsabilidade, solidariedade, tolerancia e igualdade. Con estes valores como obxectivo ano tras ano preséntanse unha serie de programas que pretenden ser unha liña de colaboración entre os centros educativos, as familias e o concello, onde o beneficio real vai para a mocidade. 

E no 2020 apostouse por ampliar o servizo do CIX reabrindo, tras a súa reforma, dúas Casas da Mocidade como espazos para dinamizar á mozos e mozas, realizar actividades xuveniles, favorecer a súa participación e que poidan contar cun espazo no que desenvolver as súas iniciativas. 

Ambos espazos contan tamén con Puntos de Información Xuvenil, onde á xuventude pode achegar todas as súas dúbidas e inquedanzas e recibir información, orientación e asesoramento do mesmo xeito que dende o Centro de Información Xuvenil. 

Se queres seguir as novidades de todo o relacionado coa xuventude oleirense podes facelo nas seguintes ligazóns:

Web: Centros Mocidade Oleiros

Facebook: Casas da Mocidade Oleiros 

Instagram: @centrosmocidadeoleiros

Tamén podes subscribirte ás novidades premendo aquí

NOVAS

Atrás Actividades Verán 2022

 

  • Do 10 ao 16 de maio: preinscición telemática na sede electrónica. Só persoas empadroadas e un máximo de 3 actividades.
  • Do 18 ao 19 de maio: publicación de listas de preinscricións e achega de reclamación a través do enderezo electrónico: afabrica@oleiros.org
  • 23 de maio ás 12.00 horas: sorteo público
  • 25 de maio: Publicación de listas definitivas na web municipal e de prazas vacantes sen listas de reserva e inscrición libre para estas prazas na sede electrónica, só para persoas empadroadas.
  • Do 31 de maio ao 6 de xuño: pagamento e entrega de documentación:
  • A partir do 9 de xuño: publicación de vacantes e inscrición libre para persoas empadroadas e non empadroadas.
Prazo libre de inscrición: 9 de xuño  
  • Relación de prazas a día 16 de xuño ás 12:00 horas: Preme aquí.
  • Preinscrición: Preme aqui. (Operativa ata o día 17 de xuño). A partir desta data as inscricións poderán facerse na conserxería de A Fábrica.
    •  A preinscrición telemática debe realizarse obrigatoriamente na web municipal www.oleiros.org na sede electrónica (non é necesario estar rexistrado/a). Horario de apertura de insncrición a partir das 10 horas.
    • Admitirase unha única solicitude por parcipante. Se algúen presenta máis dunha solicitude con mesmo nome a través da sede electrónica darase como válida a última presentada.
    • As prazas adxudicarante por riguroso orden de inscrición.
    • Avisarase por correo electrónico da admisión nas actividades solicitadas.

 

Listado de admitidos actividades de verán 2022.
  • Listado de admitidos: Preme aquí
  • Listado de actividades con prazas vancantes. Preme aquí
  • Paxina de preinscición: prazo finalizado

Listados de preinscritos 18/05/2022

 

     Folleto informativo, bases e páxina de preinscrición.

Fe de erratas: Aulas verán CEMAE 2022. Teatro avanzado: Dirixido a nenos e nenas entre 2009 e 2005, con ou sen experiencia previa.
  • Bases: preme aquí.
  • Acceso á páxina de preinscrición: prazo finalizado

 

Destacados

Imaxe A obra teatral ¿La casa de Bernarda Alba A obra teatral ¿La casa de Bernarda Alba"

A obra teatral ¿La casa de Bernarda Alba"

O Club de Leóns de Oleiros patrocina, coa colaboración do Concello de Oleiros, a obra teatral "La casa de Bernarda Alba" de Federico García Lorca.

    Imaxe Actividades de Verán 2016 Actividades de Verán 2016

    Actividades de Verán 2016

    Información das actividades de verán 2016 do Concello de Oleiros

      Imaxe Actividades de Verán 2020 Actividades de Verán 2020

      Actividades de Verán 2020

      Páxina coa información das actividades de verán 2020 do Concello de Oleiros.

        Imaxe Actividades Verán 2017 Actividades Verán 2017

        Actividades Verán 2017

        Folleto coa información das actividades de verán 2017 do Concello de Oleiros.