Presentación Xuventude

Presentación

A área de xuventude do Concello de Oleiros, ten como obxectivo fundamental ós rapaces e rapazas do noso concello, traballando por e para eles. 

Para isto o Centro de Información Xuvenil (CIX) leva anos como referente para a información, orientación e asesoramento de todos os temas que interesan e afectan á mocidade: emprego, formación, ocio, etc. 

Tamén traballa dende o ámbito educativo, onde desde hai anos mantén a mesma liña de traballo, se programan, ofertan e desenvolven unha serie de actividades educativas que teñen como obxecto formar a mocidade oleirense en valores que favorezan á liberdade persoal, responsabilidade, solidariedade, tolerancia e igualdade. Con estes valores como obxectivo ano tras ano preséntanse unha serie de programas que pretenden ser unha liña de colaboración entre os centros educativos, as familias e o concello, onde o beneficio real vai para a mocidade. 

E no 2020 apostouse por ampliar o servizo do CIX reabrindo, tras a súa reforma, dúas Casas da Mocidade como espazos para dinamizar á mozos e mozas, realizar actividades xuveniles, favorecer a súa participación e que poidan contar cun espazo no que desenvolver as súas iniciativas. 

Ambos espazos contan tamén con Puntos de Información Xuvenil, onde á xuventude pode achegar todas as súas dúbidas e inquedanzas e recibir información, orientación e asesoramento do mesmo xeito que dende o Centro de Información Xuvenil. 

Se queres seguir as novidades de todo o relacionado coa xuventude oleirense podes facelo nas seguintes ligazóns:

Web: Centros Mocidade Oleiros

Facebook: Casas da Mocidade Oleiros 

Instagram: @centrosmocidadeoleiros

Tamén podes subscribirte ás novidades premendo aquí

NOVAS

Atrás Ocioleiros 2023

 

DATAS.

 

  • Do 14  ao 22 de decembro: preinscricións a través da sede electrónica.
  • Do 28 de decembro: publicación de persoas preinscritas.
  • Do 9  e 10  de xaneiro: prazo de emenda de erros.
  • 13  de xaneiro: Sorteo público ás 12:00 horas na Fábrica.
  • 18  de xaneiro: publicación de listas definitivas de admitidos/as
  • A partir do 18  de xaneiro concretaranse os días nos que se poderá efectuar o pagamento.

Prazas dispoñibles a data 01 de febreiro do 2023:

  • Calistenia Iniciación Grupo II - Sábados 13.00-14.00 h -- 7
  • Conversa en Ingles nivel Avanzado - Xoves 20.00-21.30 h --9
  • Conversa en Ingles nivel Básico - Martes 20.00-21.30 h -- 4
  • Curso manexo de Smartphone - Luns 18.30-20.00 h - 7
  • Defensa Persoal - Venres 20.00-21.30 --18
  • Tratamento de imaxe dixital avanzado - martes 20.00-21.30 -- 8
  • Tratamento de imaxe dixital iniciación - Luns 20.00-21.30 h -- 5

 

Listado de admitidos Ocioleiros 2023 (18/01/20223)

 

Relación de admitidos nas actividades 

Procedemento de pagamento:

  1. O participante deberá solicitar a folla de pago, a través do correo electrónico afabrica@oleiros.org, indicando o seu nome completo  e a actividade na que se vai inscribir.
  2. No caso de non estar interesado na actividade adxudicada deberá de notificalo para poder chamar ao seguinte en lista de espera, segundo a orde do sorteo.
  3. Unha vez efectuado o pago deberá de remitir, ao mesmo correo electrónico, o xustificante do mesmo

 

Listado de preinscritos Ocioleiros 2023 (28/12/22)

 

Relación de preinscritos que van a sorteo

 

Relación de preinscritos

 

Enlaces e información:

  • Triptico e bases: preme aqui.
  • Tabla de actividades e horarios: preme aquí.
  • Información das actividades: preme aquí.
  • Enlace á páxina web de inscrición (sede electrónica): preme aqui. (do 14 ao 22 de decembro)

 

Destacados

Imaxe A obra teatral ¿La casa de Bernarda Alba A obra teatral ¿La casa de Bernarda Alba"

A obra teatral ¿La casa de Bernarda Alba"

O Club de Leóns de Oleiros patrocina, coa colaboración do Concello de Oleiros, a obra teatral "La casa de Bernarda Alba" de Federico García Lorca.

    Imaxe Actividades de Verán 2016 Actividades de Verán 2016

    Actividades de Verán 2016

    Información das actividades de verán 2016 do Concello de Oleiros

      Imaxe Actividades de Verán 2020 Actividades de Verán 2020

      Actividades de Verán 2020

      Páxina coa información das actividades de verán 2020 do Concello de Oleiros.

        Imaxe Actividades Verán 2017 Actividades Verán 2017

        Actividades Verán 2017

        Folleto coa información das actividades de verán 2017 do Concello de Oleiros.