Presentación Xuventude

Presentación

A área de xuventude do Concello de Oleiros, ten como obxectivo fundamental ós rapaces e rapazas do noso concello, traballando por e para eles. 

Para isto o Centro de Información Xuvenil (CIX) leva anos como referente para a información, orientación e asesoramento de todos os temas que interesan e afectan á mocidade: emprego, formación, ocio, etc. 

Tamén traballa dende o ámbito educativo, onde desde hai anos mantén a mesma liña de traballo, se programan, ofertan e desenvolven unha serie de actividades educativas que teñen como obxecto formar a mocidade oleirense en valores que favorezan á liberdade persoal, responsabilidade, solidariedade, tolerancia e igualdade. Con estes valores como obxectivo ano tras ano preséntanse unha serie de programas que pretenden ser unha liña de colaboración entre os centros educativos, as familias e o concello, onde o beneficio real vai para a mocidade. 

E no 2020 apostouse por ampliar o servizo do CIX reabrindo, tras a súa reforma, dúas Casas da Mocidade como espazos para dinamizar á mozos e mozas, realizar actividades xuveniles, favorecer a súa participación e que poidan contar cun espazo no que desenvolver as súas iniciativas. 

Ambos espazos contan tamén con Puntos de Información Xuvenil, onde á xuventude pode achegar todas as súas dúbidas e inquedanzas e recibir información, orientación e asesoramento do mesmo xeito que dende o Centro de Información Xuvenil. 

Se queres seguir as novidades de todo o relacionado coa xuventude oleirense podes facelo nas seguintes ligazóns:

Web: Centros Mocidade Oleiros

Facebook: Casas da Mocidade Oleiros 

Instagram: @centrosmocidadeoleiros

Tamén podes subscribirte ás novidades premendo aquí

NOVAS

Imaxe Ocioleiros 2023 Ocioleiros 2023

Ocioleiros 2023

Programa de actividades de Ocioleiros 2023.

    Imaxe Actividades Verán 2022 Actividades Verán 2022

    Actividades Verán 2022

    Actividades de verán 2022 do Concello de Oleiros

      Imaxe OCIOLEIROS 2022 OCIOLEIROS 2022

      OCIOLEIROS 2022

      Actividades Ocioleiros 2022

        Imaxe Programa NoctambOleiros do mes de AGOSTO 2021 Programa NoctambOleiros do mes de AGOSTO 2021

        Programa NoctambOleiros do mes de AGOSTO 2021

        Actividades para mocidade de 14 a 30 anos, preferentemete empadroada en Oleiros. Tamén actividades formativas.

          Ver mais novas

          Destacados

          Atrás Actividades de Verán 2016

           

           

          Folleto informativo: Preme aquí.

          Calendario de Inscricións: Preme aquí.

          Prezos actividades: Preme aquí.

          Enlace para a preinscrición: (Rematado o prazo).  En caso de non facer a preinscrición a través da web poder descargar o seguinte formulario e entrégalo na conserxería da Fábrica.

          Listados provisionais preinscritos actividades verán 2016: preme aquí.

           O sorteo público das actividades celebrarase o día  xoves 19 de maio no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica ás 13:00 horas

          Listados definitivos actividades de verán 2016: preme aquí.

          Prazas vacantes Actividades verán 2016: preme aquí.

          Prazo de formalización de vacantes para persoas previamente preinscritas do 13 ao 15 de xuño. En horario de 8:00 a 15:00 horas persoalmente na conserxería da Fábrica.

          Prazas vacantes Actividades de verán 2016 a partir do 17 de xuño: preme aquí.

          A partir do 17 de xuño prazo de inscrición libre para prazas vancantes. En horario de 8:00 a 15:00 horas persoalmente na conserxería da Fábrica.