O Concello de Oleiros recibiu por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía unha subvención para o proxecto de “MELLORA EFICIENTE DO ALUMEADO PÚBLICO NO CONCELLO DE OLEIROS” cunha inversión total de 1.683.423,92€. Trátase dunha concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020.
Concellería de Obras Públicas e Medio Ambiente
O respecto á natureza está na xénese de Oleiros desde que o municipio se goberna democraticamente. Xa desde o principio púxose freo aos desmáns que querían desbaratar as praias e a costa, privatizándoas e destrozando a paisaxe. Hoxe somos coñecidos polos grandes parques e pola enorme protección dos nosos espazos naturais.
Direcciones y teléfonos
Por el momento no existen registros
Cuarto tenente de alcalde e Concelleiro de Obras Públicas e Medio Ambiente, Servizos Municipais e Parques e xardíns
Antonio Molinos Marcote
Teléfono
981 610 000 ext. 2201
Correo electrónico
Destacados
Por el momento no existen eventos
Atrás Mellora do alumeado público do Concello de Oleiros
Publicado 30/11/22
A actuación proposta polo Concello de Oleiros consistiu na mellora do alumeado público do Concello de Oleiros, que precisaba dunha renovación integral por presentar as seguintes deficiencias nas instalacións actuais:
• Consumo enerxético moi elevado:
A potencia nominal das luminarias instaladas actualmente ronda os 150W, o que supón un maior consumo enerxético, agravado polo alto número de horas de funcionamento do alumeado público, que se atopa nas 4.300 horas anuais.
• Gasto económico moi elevado:
A parte do gasto que supón o devandito consumo enerxético elevado, as altas potencias das luminarias fan necesaria a contratación dunha maior potencia coa compañía comercializadora enerxética, o que supón un maior importe a pagar no termo fixo.
• Xeración dunha maior pegada de carbono a consecuencia do mantemento:
Os equipos actuais requiren de forma reiterada de accións de mantemento como a substitución de lámpadas e reactancias, o que produce a necesidade de desprazamento dos vehículos e persoal dos servizos técnicos municipais ata as instalacións, implicando isto unha maior xeración de CO2.
• Tecnoloxía das luminarias actuais:
As luminarias contan con lámpadas de haloxenuros metálicos e vapor de mercurio, que supoñen un considerable impacto ambiental no seu ciclo de vida debido a que conteñen metais pesados, sendo no caso do vapor mercurio de retirada obrigatoria.
• Alumeado insuficiente:
O rendemento lumínico das luminarias actuais reduciuse de forma considerable debido a antigüidade das mesmas, o que supón unha iluminación menor á recomendada nas estradas, rúas, parques e paseos do Concello.
• Centros de mando e canalizacións en mal estado:
Algúns dos centros de mando así como as canalizacións existentes atópanse en mal estado polo que é necesaria a súa substitución para reducir o número de avarías e, polo tanto, o custe de mantemento das instalacións de alumeado.
Para cumprir cos obxectivos anteriores realizáronse os seguintes traballos:
• Renovación do alumeado público exterior, actuando en 1.766 dos aproximadamente 10.348 puntos de luz existentes mediante a substitución das actuais luminarias provistas con lámpadas de vapor de mercurio, vapor de sodio de alta presión e haloxenuros metálicos por luminarias LED mais eficientes.
• Renovación de 39 dos 220 centros de mando existentes para adaptalos á normativa vixente así como a instalación de telexestión compatible co sistema existente.
• Substitución de 563 columnas que se atopan en mal estado. Nalgunhas instalacións é preciso o cambio por unha de maior altura para garantir o cumprimento dos niveis de iluminación axeitados ao tipo de vía.
• Substitución de cableado e nova canalización de alumeado nas instalacións que o precisen debido á antigüidade das instalacións, que repercutirá favorablemente no mantemento das mesmas.
O aforro anual en consumo estimouse en 666.994 kWh e duns 127.105 €.