Presentación

Qué somos e que facemos?

A gran maioría das obras públicas que se executan en Oleiros están realizadas a través dunha contratación externa,  ben a través dunha execución directa con medios propios (Servizos Municipais) ou ben por desenrolos urbanísticos, o financiamento destas obras e diversa, nuns casos financiamento unicamente municipal e noutros con fondos da Deputación Provincial ou doutros Organismos, que nos corresponden en virtude do número de habitantes.

Son obras municipais, por exemplo: os centros sociais e culturais, as instalacións deportivas, as bibliotecas, as escolas infantís de 0 a 3 anos, as infraestruturas, as beirarrúas, os viais, os parques e xardíns …

Tamén as accións senlleiras como as que teñen que ver coa recuperación e restauración do patrimonio histórico-artístico (Pazo de Arenaza, Rialeda, Castelo de Santa Cruz, Igrexa de Dexo, Casa da República, A Fábrica, Casa do Arxentino…)

Normalmente o Concello aborda obras de mantemento.

En canto ás vías públicas, son rúas municipais case todas, pero hai algunhas que son propiedade da Deputación, outras da Xunta e incluso algunhas do Goberno Central.

Outras obras públicas realízanse en colaboración con comunidades de veciños de cada lugar, especialmente si se trata de infraestruturas de condución de augas e saneamento.

O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo colabora frecuentemente na realización de diversas obras públicas municipais, especialmente na dotación de mobiliario urbano.

Moitas obras públicas, especialmente prazas e xardíns, realízanse en paralelo con iniciativas inmobiliarias, xa que os proxectos parciais de construción de vivendas inclúen a obriga de mellora-lo entorno físico no que estas se asentan.

Tamén o Concello, mediante a Concellería de Obras Públicas, coordina, colabora e controla as obras feitas por outros organismos (Deputación, Xunta de Galicia ou Administración Central).

Novas

Imaxe Instalación de sistema de biomasa na Piscina de Oleiros Instalación de sistema de biomasa na Piscina de Oleiros

Instalación de sistema de biomasa na Piscina de Oleiros

O Concello de Oleiros solicitou axuda económica ao abeiro da Resolución do 9 de Abril de 2019, publicada no DOG Nº 80 do 26 de abril de 2019, na...

    Ver mais novas