O Obradoiro do Corpo é unha actividade corporal, deseñada para mulleres, e desenvolta no marco de actuación do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Este ten por obxectivo o apoderamento persoal e colectivo, de xeito que busca revalorizar a identidade de cada unha das participantes dende a propia actividade corporal, fomentar hábitos de vida saudábeis, e favorecer unha maior vida social, á vez que se establece unha rede de apoio mutuo entre as participantes.
Os aspectos a traballar nas sesións son:
· Conciencia corporal
· Benestar postural
· Respiración e relaxación
· Tonificación muscular
· Actividade física para diferentes patoloxías
· Estiramentos
· Autoestima
Ao longo das diferentes sesións, alternaranse a explicación de conceptos teóricos con dinámicas e exercicios que contribúan á reflexión persoal e ao entendemento de ditos conceptos. Ademais, incentivarase ás participantes ao intercambio de experiencias e apoio mutuo baseado nos coidados.
O número de prazas ofertadas é 18, para mulleres menores de 60 anos, empadroadas no Concello de Oleiros.