Envellecemento activo

Atrás Sendeirismo

Itinerarios. Rutas camiñando entre 6 e 12 Km
 

  • Camiños de Oleiros , A costa máxica

O espazo natural Serantes- Dexo mostra unha costa salvaxe e máxica na nosa propia casa que non debemos deixar de visitar, Observaremos a súa fauna e buscaremos as lendas escondidas nos bufadoiros, nas furnas e nos cantís.

  • O Pai Miño

Dous espazos máxicos dispútanse o nacemento do río Miño. Fonmiñá e o Pedregal de Irimía. A ruta percorrerá estes dous lugares entra a serra e o val de Meira. Descubriremos as historias de ninfas e seres mitolóxicos que habitan nas súas augas.

  • Camiño das estrelas

Milleiros de peregrinos durante séculos percorreron estes camiños na busca de respostas. Camiñantes de Oleiros achegarémonos a Compostela seguindo os seus pasos no tramo do Camiño Francés desde Arzúa a Santiago.

  • Camiño de Muxía

As pedras sagradas de Muxía serán a nosa meta. Desde Touriñán coñeceremos esta ruta que forma parte do Camiño Xacobeo elixido polos peregrinos que rematan o camiño en Fisterra.


Para facilitar a inscrición establécense diferentes períodos. Busque o grupo co que desexe participar e apúntese nas datas de inscrición que lle corresponda. 
SÓ SE RECOLLERÁN INSCRICIÓNS POR TELÉFONO EN HORARIO DAS 16:00 ÁS 20:00 E NOS SEGUINTES PRAZOS.
(Imprescindíbel comunicar o número do documento nacional de identidade, ser maior de 60 anos e estar empadroado en Oleiros)

 

 

Todos os grupos do 14 ao 21 de maio

O prazo de inscrición manterase aberto con posterioridade a estas datas ata o 31 de maio, estas inscricións serán só para cubrir as posibles vacantes que puidesen producirse nas persoas usuarias inscritas dentro do prazo inicial.

AS PRAZAS SON LIMITADAS
AS PRAZAS OUTORGARANSE POR RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN