Oleiros, 30 de marzo de 2017-. O Festival Intercentros terá lugar mañá venres 31 de marzo, a partir das 17:00 horas da tarde no Coliseum da Coruña. A Escola Municipal de Danza do Concello de Oleiros participa na categoría de Coreografía Institucional cos grupos de Street Dance de Intermedio e Avanzado.
As entradas do evento teñen un custo de 7 euros. O total da recadación acadada será destinada á Asociación Española contra o cancro.