Para obter información máis precisa, as persoas interesadas deben chamar previamente á escola infantil do Concello de Oleiros que sexa a súa primeira preferencia: A Pardela (981 631 788), As Galeras (981 648 446), A Canteira (981 977 921) ou A Braña (981 617 505). Neses centros de ensino serán atendidos e recibirán toda a información que soliciten.
As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal