Hemeroteca

Asset Publisher

Back As bibliotecas municipais de Oleiros conmemoran o 8M cun feixe de actividades

Imagen As bibliotecas municipais de Oleiros conmemoran o 8M cun feixe de actividades

Un dos actos centrais para conmemorar o 8M será o Recital poético CON NOME DE MULLER a cargo da actriz Chus Álvarez, o vindeiro martes 18 de marzo ás 20:30h no teatro As Torres de Santa Cruz.

O mes de marzo é un fervedoiro de celebracións e actividades relacionadas coa conmemoración do Día da Muller (8M) e as bibliotecas municipais de Oleiros teñen preparada unha ampla programación ao respecto.

O 18 de marzo ás 20:30 horas no teatro As Torres de Santa Cruz terá lugar o Recital poético CON NOME DE MULLER a cargo da actriz Chus Álvarez, acompañada ao piano por Ángeles Dorrio. Trátase dunha homenaxe á poesía escrita por mulleres universais, en galego e castelán. Unha escolma de 36 poemas únicos de poetas galegas, españolas e internacionais, recitados con voz falada e cantada, e música en directo.

Ademais os programas de actividades das bibliotecas como A HORA DO CONTO e os CLUBS DE LECTURA, realizarán actividades e xornadas específicas dirixidas a crianzas e adultos onde se  promoverá a igualdade entre mulleres e homes desde obras literarias de temática feminista. 

Por outra banda, durante todo o mes de marzo e para todo tipo de público, realizaranse mostras bibliográficas sobre a muller en todas as bibliotecas co obxectivo de dar visibilidade á temática feminista e é á igualdade de xénero:


- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo: A Biblioteca Violeta de Rialeda presenta “Mulleres e ciencia”.


- Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz a mostra bibliográfica titulada  “Mulleres entre viñetas”.


- Biblioteca Pública Municipal Manuel María, en Oleiros: “Mulleres bravas e loitadoras que abriron camiño”.


- Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso, en Dorneda: “Con nome de muller”. 


- Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado, en Mera: “Voces femininas: o 8M a través da literatura”.


- Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole, en Nós: “Mulleres empoderadas”.


- Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño, en Lorbé: “Garantir a igualdade”.