Boa sorte, mala fama nace da necesidade de contar, precisamente, aquilo do que pouco se fala; da mala fama que gañamos, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte... igual que as andoriñas, consideradas aves de bo agoiro xa que alí onde aniñan traen boa fortuna, mais tamén son molestas polo canto agudo que proxectan ademais de emporcalo todo. Boa sorte, pero mala fama... ningún animal se parece tanto aos emigrantes galegos.
Autoría: Carmen Conde
Dirección: Carmen Conde
Elenco: Carmen Conde (narración oral), Mariña Pena e Nastasia Zürcher (música ao vivo)
Xénero: teatro
Duración: 120 min
Público: adulto (maiores de 12 anos)
Prezo: 4 euros