Hemeroteca

Asset Publisher

Back Festa do Libro na Rúa, este domingo no Parque José Martí

O Concello de Oleiros e a librería Mar de Letras organizan este domingo 27 de abril a II Festa do Libro na Rúa. Será no Parque José Martí, en Santa Cristina. Haberá actividades para todos os públicos e participarán tamén a Asociación Galega de Escritores, diversos autores e autoras, e as librerías do Concello, que estarán vendendo libros e asinando de 12.00 a 19.30 h.

Programa:

12.00 h: Inauguración

12.15 h: Contacontos Celia una abejita feliz, interpretado por Hugo Dopazo e con música de Ernesto Coello (para nenos e nenas menores de 6 anos)

12.30 h: Castelao, un corazón á intemperie da compañía Fantoches Baj (a partir de 6 anos). Espectáculo da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia

13.00 a 14.00 h: Micro aberto con lecturas das persoas participantes

16.00 h: Apertura e micro aberto

17.00 h: Espectáculo infantil Historias para escagharriñarse, de Teatro Ghazafelhos

18.00 h: Coloquio Xeneración Z: cando a literatura comeza desde o final do abecedario, a cargo de participantes na feira

18.00 h: Obradoiro infantil de ilustración Herbas de San Xoán, impartido por Aly Pacheco

18.45 h: Concerto de Gabi Triana Quintet.

Haberá máis de 30 postos con escritores e escritoras de Oleiros, así como outros vencellados á Asociación Galega de Escritoras/es, que atenderán ao público e asinarán exemplares dos seus libros. As librarías de Oleiros, todas elas presentes na Feira (Mar de Letras, Paperazzi, Que me contas, Bolboreta), aplicarán un 5% de desconto na venda de libros.

back link