Hemeroteca

Asset Publisher

Back O alumnado aprende e coñece o seu Concello a través do roteiro cultural

Oleiros, 9 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros, a través do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores organizan para o 15 e o 19 de maio o roteiro cultural e literario deste ano 2014. Esta actividade, que chega á súa terceira edición e na que participan alumnos e alumnas do último ciclo de primaria, da ESO e do bacharelato dos centros oleirenses, consiste no percorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron diferentes mulleres e homes ilustres, como unha homenaxe a todos eles.

Este ano comezaremos en Dorneda, en Xaz, no pazo onde naceu Manuel Pardo de Andrade, visitaremos Montrove, onde viviu a matemática María Wonenburger e finalizaremos o percorrido na Casa do Concello, lugar onde traballou Manuel Lugrís Freire. En cada un destes lugares o alumnado do IES Miraflores fará unha presentación de cada un deles para as persoas asistentes, ademais haberá espectáculos que lembrarán a estes persoeiros e farán unha xornada de excursión inesquecible mellorando o coñecemento de patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros.
 

back link