Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros lamenta profundamente o falecemento da alcaldesa de Lugo

O Concello de Oleiros quere expresar publicamente o seu pesar polo repentino falecemento da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; así como enviar unha mensaxe de ánimo e apoio á súa familia, amizades, compañeiros e compañeiras. 

O alcalde, Ángel García Seoane, dirixiuse por escrito á corporación lucense para trasladar as respectivas condolencias do Concello de Oleiros. Tamén se comunicou co secretario xeral do PSdeG para transmitirlle o seu pésame e de todo o pobo de Oleiros.

back link