Hemeroteca

Asset Publisher

Back Obradoiro sobre comunicación familiar non violenta os días 6 e 7 de maio

O Concello de Oleiros, tras o éxito da charla sobre comunicación non violenta do pasado xoves, organiza un obradoiro para pais, nais e familias acolledoras que teñan ao seu cargo menores de idade durante dúas xornadas, o 6 e o 7 de maio de 18:00 a 21:00 horas.

A Comunicación Non Violenta é unha ferramenta que nos permite abordar conversas e interrelacións coas persoas que nos rodean dunha forma máis sa, honesta e respectuosa. 

Este obradoiro ten como obxectivo conectar coas necesidades e coas emocións da persoa(s) coa(s) que falamos e de nós mesmas para reducir os conflitos nas relacións. En moitas ocasións os conflitos no entorno familiar, no traballo, coa veciñanza ou co entorno en xeral, están motivados por problemas na forma de comunicarnos. Sermos conscientes do erros que cometemos contribuirá a mellorar esas relacións.

Virginia Pañeda Sanz, experta en educación emocional, en facilitación e no traballo con familias será a persoa encargada de impartir esta actividade.

Dende Familias Inquedas quérese transmitir a importancia dunha comunicación non violenta para manter un bo clima de convivencia nas casas, especialmente naqueles momentos nos que a interrelación cos fillos e fillas pode provocar conflitos e situacións de tensión.

O obradoiro é de balde e desenvolverase en dúas xornadas os días 6 e 7 de maio, de 18:00 a 21:00 horas, na Casa da Cultura de Perillo (3º andar). O prazo de inscrición será desde o venres 25 ata o 29 de abril ás 23:00h a través do formulario habilitado na web municipal.

Máis información no correo electrónico s.sociais@oleiros.org

back link