A finalidade é dar visibilidade ás mulleres que desempeñan profesións tradicionalmente masculinizadas, e ofrecer unha visión feminista e en igualdade das mesmas. A actividade realizarase o 6 de marzo no Auditorio de Mera.
Neste encontro participará o alumnado de secundaria do segundo ciclo da ESO do IES María Casares, IES Miraflores, IES Neira Vilas e o centro Hijas de Cristo Rey. Co obxectivo de facilitar a participación dos centros, o Concello de Oleiros porá a disposición dos centros participantes un servizo de autobús.