Neste tríptico abórdase o tema do porno. Dunha forma sinxela e didáctica, trasládanse datos sobre o consumo de porno entre a poboación moza, fuxindo da criminalización e invitando á reflexión. Deste xeito, vaise guinado a quen o le a través de diferentes datos dirixidos a sensibilizar e concienciar sobre o porqué de que o porno estea tan presente nas nosas vidas, sinalando as problemáticas arredor da erotización da violencia e a ausencia do consentimento nas prácticas sexuais filmadas, ao tempo que reflexiona sobre como construímos o noso desexo.
Podes descargar o tríptico no desplegable "Documentos" que aparece a continuación.
Para máis información, contacta con nós no 981 610 000 – Ext. 3503 | 3120 ou a través dos correos igualdade@oleiros.org ou igualdadeoleiros@gmail.com