Dende o Centro Dramático Galego invítannos a participar no Programa de Mobilidade Sobes ao autobús do teatro? para asistir o vindeiro venres 18 de outubro á función 'Terceiro acto” no Salón Teatro (Santiago de Compostela)
O autobús será gratuíto e sairá da parada de taxis de Santa Cristina ás 16.00 con volta prevista a última hora da tarde. A actividade está dirixida a público adulto, con prazas limitadas e preferencia para persoas empadroadas, e a entrada con prezo bonificado será de 5 euros.
O prazo de inscrición abre o xoves 3 de outubro ás 10.00 horas a través da sede electrónica (catálogo de trámites/ámbito cultura/inscrición en actividades culturais) ou presencialmente na Fábrica de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.
Máis información no Departamento de Cultura: tel. 981610000- ext 4915 e 4916 ou a través do enderezo electrónico r.caparros@oleiros.org
público adulto
venres 18 de outubro
A partir das 16.00 horas
Salón Teatro (Santiago de Compostela)
A partir do xoves 3 de outubro ás 10.00 horas
5 euros
r.caparros@oleiros.org