Ocioleiros 2025 O programa Ocioleiros abrangue un conxunto de actividades organizadas polos servizos de Cultura, Normalización Lingüística, Deportes e Xuventude para o tempo de lecer, destinadas a público adulto. A finalidade deste programa é fundamentalmente lúdica, polo que todos os esforzos das persoas participantes deberán dirixirse á diversión e ao entretemento.   Dirixido a maiores de 18 anos, empadroados no Concello de Oleiros - Preinscricións: do 09/12/2024 ao 19/12/2024
  • Horario  
Móvete+ Obradoiro de actividade física dirixido a mulleres con enfermidade oncolóxica O 15 de setembro reiniciouse Móvete+, una actividade física enmarcada no marco de actuación do II Plan de Igualdade que busca contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres que están nalgún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron. As actividades realízanse todos os venres desde o 20 de setembro ao mes de decembro. As interesadas en participar, poden inscribirse a través do formulario de inscrición recollido dentro desta publicación. Podes solicitar información no teléfono de atención veciñal, 981 60 00 00 ou a través do correo electrónico igualdade@oleiros.org
  • Fecha Todos os venres desde o 20 de setembro ata o mes decembro
  • Horario Grupo 1: 10:30 a 12:00h Grupo 2: 12:00 a 13:30h
  • Address Na Casa Da República, Oleiros