TEATRO: "Un Deus salvaxe"

O sábado 29 de marzo ás 20:30 horas o Auditorio Gabriel García Márquez acollerá a obra teatral Un Deus Salvaxe da compañía Talía Teatro, dirixida por Artur Trillo. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través da web www.giglon.com e desde unha hora antes na billeteira do auditorio.


Un encontro violento entre dous rapaces é o xerme dun gran conflito social. O intento familiar por resolvelo non é máis que unha nova situación violenta que reflicte a cara máis amarga da sociedade: o descontrol ata a ofensa persoal. Calquera intento de calmar os ánimos e instaurar a paz acaban fracasando. A obra saca todo o lixo que os catro individuos protagonistas acumularon ao longo da súa vida en relación á educa¬ción que recibiron, á posición social que ostentan, á súa profe¬sión... amosando a súa cara oculta.


Autoría: Yasmina Reza
Dirección: Artur Trillo
Elenco: Marta Lado, Toño Casais, María Ordóñez e Dani Trillo
Xénero: comedia
Duración: 85 min
Público: adulto (a partir de 13 anos)
Prezo: 4 euros
 

  tickets

CARTAZ UN DEUS SALVAXE
Date
Friday, 28 March 2025 20:30  -  22:30
Location
 

Auditorio Gabriel García Márquez, Oleiros