Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, nos meses de febreiro a maio e de outubro a decembro, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Asset Publisher

Back Ler para saber A CIENCIA: 21 de febreiro 2025

Carmen Rodríguez Coronado coa charla Mulleres e ciencia

Carmen Rodríguez Coronado. Profesora substituta de Fisioloxía Vexetal (Área de Fisioloxía Vexetal - Departamento de Bioloxía) da UDC

Ler para saber A CIENCIA: 21 de febreiro 2025Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.

 

Día: Venres, 21 de febreiro

Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

Hora: 18:30 h

Mulleres e ciencia

Carmen Rodríguez Coronado. Profesora substituta de Fisioloxía Vexetal (Área de Fisioloxía Vexetal - Departamento de Bioloxía) da UDC. Dobre grao en Bioloxía e Química. Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética. Estudante de doutoramento na UDC e contratada pola Facultade de Ciencias como axudante de investigación.

Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.