Solicitar Carné Bibliotecas
O carné é válido para todas as bibliotecas de Oleiros e obtense de xeito totalmente gratuíto.
É imprescindible dispoñer del para utilizar os servizos de préstamo e os ordenadores das bibliotecas, así como para participar en determinadas actividades como as tertulias literarias para mozos/as e persoas adultas.
Pode solicitarse en calquera das bibliotecas: só hai que cubrir un impreso que proporcionan en cada unha delas ou que se pode descargar da nosa web e entregalo xunto cunha fotocopia do DNI, NIE, ou pasaporte.
Tipos de usuarios/as:
- Usuarios/as infantís (menores de 14 anos).
- Usuarios/as adultos/as (segundo a Normativa da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, considéranse adultos/as a partir de 14 anos).