Formación

Formación

Para mellorar o uso da lingua é preciso formar a cidadanía e, por iso, a Xunta de Galicia ofrece cursos presenciais ou en liña preparatorios para o distintos niveis Celga,www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga a certificación oficial da lingua galega.

Os cursos Celga teñen 5 niveis. Se precisas saber en cal deles debes inscribirte podes consultar a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde poderás informarte das validacións, dos cursos preparatorios, dos exames, dos materiais para preparar o curso... Para acceder á información preme aquí ou ponte en contacto connosco a través do teléfono 981 610 000 ou enviando un correo a l.filloy@oleiros.org.

Ademais dos cursos Celga, tamén podes recibir formación en galego na Escola Oficial de Idiomas, nos centros de ensino, nas universidades e a través dunha serie de páxinas webs.