Estructura xeral e orgánica - Consulta de Planos Urbanismo
PLANO 1. Estructura Xeral e Orgánica
Despece. Este plano está elaborado sobre a cartografía a escala 1/1.000, aínda que a información está estruturada para ser impresa a escala 1/5.000 en formato A-3 ou 1/2.500 en formato A-1. Está formado por 31 follas numeradas consecutivamente.
O primeiro plano é un despece que facilita a localización do nome do ficheiro de cada unha das follas do despece.
O plano contén a información gráfica sobre:
- estrutura xeral e orgánica da totalidade do Concello de Oleiros
- clasificación do solo (urbano, rústico ou urbanizable)
- as distintas categorías de protección do solo rústico.
Recolle ademais a localización dos distintos sistemas xerais:
- sistema xeral de equipamentos
- sistema xeral de zonas verdes e espazos libres
- sistema xeral viario
- sistema xeral portuario.