Concellería de Obras Públicas e Medio Ambiente

Imagen introduccion medio ambiente
O respecto á natureza está na xénese de Oleiros desde que o municipio se goberna democraticamente. Xa desde o principio púxose freo aos desmáns que querían desbaratar as praias e a costa, privatizándoas e destrozando a paisaxe. Hoxe somos coñecidos polos grandes parques e pola enorme protección dos nosos espazos naturais.

Asset Publisher

Por el momento no existen registros

Nested Applications

Por el momento no existen eventos

Back Auditoría sobre o servizo de abastecemento de auga

Trala recente creación e posta en funcionamento da empresa municipal  do servizo de auga, o Concello de Oleiros realizou unha auditoría do sistema de abastecemento para minimizar as perdas de auga na rede.

Neste estudio técnico identificouse que o volume de auga non rexistrada (ANR) representou a finais do ano 2021 o 38,5%. Este dato representa a diferenza entre o volume de auga captada e o volume de auga rexistrada nos contadores dos usuarios. Engloba os consumos autorizados non medidos, os consumos non autorizados (fraudes), os erros de medida e as perdas na rede.

 
Co obxectivo de reducir esta porcentaxe de auga non rexistrada establecéronse unha serie de medidas a executar nos próximos catro anos.