Concellería de Obras Públicas e Medio Ambiente

Imagen introduccion medio ambiente
O respecto á natureza está na xénese de Oleiros desde que o municipio se goberna democraticamente. Xa desde o principio púxose freo aos desmáns que querían desbaratar as praias e a costa, privatizándoas e destrozando a paisaxe. Hoxe somos coñecidos polos grandes parques e pola enorme protección dos nosos espazos naturais.

Asset Publisher

Por el momento no existen registros

Nested Applications

Por el momento no existen eventos

Back Mellora do alumeado público do Concello de Oleiros

 O Concello de Oleiros recibiu por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía unha subvención para o proxecto de “MELLORA EFICIENTE DO ALUMEADO PÚBLICO NO CONCELLO DE OLEIROS” cunha inversión total de 1.683.423,92€. Trátase dunha concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020.

 
A actuación proposta polo Concello de Oleiros consistiu na mellora do alumeado público do Concello de Oleiros, que precisaba dunha renovación integral por presentar as seguintes deficiencias nas instalacións actuais:
 
Consumo enerxético moi elevado:
A potencia nominal das luminarias instaladas actualmente ronda os 150W, o que supón un maior consumo enerxético, agravado polo alto número de horas de funcionamento do alumeado público, que se atopa nas 4.300 horas anuais.
Gasto económico moi elevado:
A parte do gasto que supón o devandito consumo enerxético elevado, as altas potencias das luminarias fan necesaria a contratación dunha maior potencia coa compañía comercializadora enerxética, o que supón un maior importe a pagar no termo fixo.
Xeración dunha maior pegada de carbono a consecuencia do mantemento:
Os equipos actuais requiren de forma reiterada de accións de mantemento como a substitución de lámpadas e reactancias, o que produce a necesidade de desprazamento dos vehículos e persoal dos servizos técnicos municipais ata as instalacións, implicando isto unha maior xeración de CO2.
Tecnoloxía das luminarias actuais:
As luminarias contan con lámpadas de haloxenuros metálicos e vapor de mercurio, que supoñen un considerable impacto ambiental no seu ciclo de vida debido a que conteñen metais pesados, sendo no caso do vapor mercurio de retirada obrigatoria.
Alumeado insuficiente:
O rendemento lumínico das luminarias actuais reduciuse de forma considerable debido a antigüidade das mesmas, o que supón unha iluminación menor á recomendada nas estradas, rúas, parques e paseos do Concello.
Centros de mando e canalizacións en mal estado:
Algúns dos centros de mando así como as canalizacións existentes atópanse en mal estado polo que é necesaria a súa substitución para reducir o número de avarías e, polo tanto, o custe de mantemento das instalacións de alumeado.
 
 
Para cumprir cos obxectivos anteriores realizáronse os seguintes traballos:
Renovación do alumeado público exterior, actuando en 1.766 dos aproximadamente 10.348 puntos de luz existentes mediante a substitución das actuais luminarias provistas con lámpadas de vapor de mercurio, vapor de sodio de alta presión e haloxenuros metálicos por luminarias LED mais eficientes.
Renovación de 39 dos 220 centros de mando existentes para adaptalos á normativa vixente así como a instalación de telexestión compatible co sistema existente.
Substitución de 563 columnas que se atopan en mal estado. Nalgunhas instalacións é preciso o cambio por unha de maior altura para garantir o cumprimento dos niveis de iluminación axeitados ao tipo de vía.
Substitución de cableado e nova canalización de alumeado nas instalacións que o precisen debido á antigüidade das instalacións, que repercutirá favorablemente no mantemento das mesmas.
 
O aforro anual en consumo estimouse en 666.994 kWh e duns 127.105 €.