Titulares e responsables
É importante saber a que administración pertence a rúa na que vivimos, xa que as obras e o mantemento en boas condicións corresponde executalas ó organismo propietario da rúa ou avenida.
Todos, a administración incluída, temos a obriga de demandar das administracións competentes os arranxos necesarios para vivir nun entorno de maior calidade e seguridade.
Ministerio de Fomento:
As vías AC-12 e N-VI (Avda.das Mariñas) e a autoestrada AP-9.
Xunta de Galicia:
- Conexión Perillo-Lorbé (Avda. Che Guevara, Avda. Viñas de Babilonia, Avda. República Arxentina, Avda. María Pita, rúa. Dr. Fleming, Rúa do Golfiño)
- Conexión Coruxo.-O Carballo (Avda. Isaac Díaz Pardo, Rúa Carlos Maside)
- Conexión Perillo-Oleiros (Avda Rosalía de Castro e un tramo da Avda. Francisca Herrera)
- Conexión O Seixal-Abegondo (Avda. Salvador Allende)
- De Arillo a Oleiros (rúa de Abeleiras e Avda. República do Uruguay)
- De Oleiros a Soñeiro (rúa As Torres)
- De Carballo a Oleiros (Avda. Miguel Hernández) dende a N-VI ata a piscina municipal (dende a piscina ata a Avda Ramón Núñez Montero é de titularidade municipal).
- De Arillo a Meirás (Avda. Pardo de Andrade)
- Vía Ártabra e os seus ramais.
Deputación de A Coruña:
- Acceso ó porto de Lorbé (Rúa de Portelo)
- Estrada Mera-Veigue (Rúa Curros Enríquez)
- Estrada Mera-Maianca (Rúa Tierno Galván)
- Estrada Santa Cruz-Meirás (Avda. Pardo Bazán)
- Rúa do Souto (Santa Cruz)
- Estrada Oleiros a Coruxo (Rúa Ferrala, Avda. Venezuela e rúa de Coruxo)
- Estrada Pousada-A Edreira (Oleiros) (Rúa de Cobo)
- Estrada Oleiros-A Edreira (Oleiros) (Avda. Francisca Herrera)
- Estrada A Barreira-A Pezoca (Oleiros) (Rúa A Pezoca e rúa do Río)
- Estrada Mandín-Iñás (Rúa Mandín)
- Estrada Oleiros-Pravio (Cambre) (Avda. Fonte do Ouro, Avda Espoz y Mina)
- Estrada Coruxo-Montrove (Avda. Casares Quiroga)
- Conexión O Pasaxe-Perillo (de Orlinda ó Solimar pola Canteira) (Rúa Xose Neira Vilas e rúa da Barreira)
- Avda. de Santa Cristina
- Acceso á Praia de Bastiagueiro.
- Rúa O Cruce (tramo)
Actualmente, ante a pasividade dos organismos implicados, o Goberno Municipal aborda directamente a construción de plataformas peonís e beirarrúas en varios tramos destas vías, porque a seguridade dos veciños está por enriba de calquera outra consideración.
Existe a aspiración de contar con carrís-bici en boa parte dos tramos que unen núcleos poboados.