Presentación Persoal

Presentación

 A área de Persoal e RR.HH. do Concello de Oleiros ten como obxectivo primordial a xestión íntegra dos recursos humáns e a xestión daquelas demandas externas en orde á participación en procesos de selección de persoal.

A súa ubicación reside na planta baixa do edificio situado no parque Víctor Jara nº 1 e o seu horario de funcionamento é de luns a venres de 08:00 horas a 15:00 horas.

Asset Publisher

Back Dous postos de electricista-oficial 1ª (persoal laboral temporal)

Tramitouse unha oferta no Servizo Público de Emprego de Galicia (12/2025/1973) para a contratación laboral temporal para cubrir dous postos de electricista-oficial 1ª.

As personas interesadas poderán presentar unha solicitude acompañada do seu currículum vitae no rexistro do Concello (en horario das 8.30 ás 14.00 h) durante os días 10, 11e 12 de marzo de 2025, ou sumarse a esta demanda en curso a través do Servizo Público de Emprego de Galicia. Deberán estar en posesión dun nivel mínimo de titulación de certificado de estudos primarios e, ademais, do título de ciclo medio en instalacións eléctricas e automáticas ou, no seu defecto, acreditar 1 ano de experiencia na ocupación de electricista. Non é necesario o pago de taxas por dereitos de exame.

Tamén poden presentar as solicitudes a través da sede electrónica (inscrición en procesos selectivos) ou dos medios recollidos na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.