Transporte público

As redes de transporte público que atravesan Oleiros son responsabilidade da Xunta de Galicia. Esta entidade manifesta con frecuencia a súa intención de incrementar o uso do autobús como medio de transporte sobre todo cara á Coruña, pero os sucesivos intentos non acaban de facer despegar a un medio que lle costa adaptarse ás novas demandas de uso.

O Concello de Oleiros seguirá reclamando un organismo comarcal para a organización do transporte público capaz de ofrecer un servizo adaptado ás necesidades de hoxe.

Ademais, móstrase favorable a que os autobuses urbanos da Coruña poidan prolongarse ata Santa Cristina para realizar servizos máis eficaces e positivos para a vida da xente. Para iso, deben reconsiderarse as actuais rixideces administrativas que a Xunta mantén na comarca, considerando aos concellos territorios estancos segundo o tipo de concesións que realizan ás empresas e ignorando a actual realidade territorial do país. Tal como está o sistema, atende más ás necesidades das empresas que ás da cidadanía.

Oleiros dispón así mesmo dun servizo de taxi que actúa en todo o territorio.

SERVIZO DE AUTOBÚS