Obradoiro de exvotos - 1ª quenda

Os exvotos foron e aínda son un elemento importante das crenzas relixiosas populares. Ofrecer nun santuario unha figura de cera para recobrar a saúde, a mobilidade dunha man ou perna ou mellorar de algunha doenza é unha práctica habitual. Neste obradoiro recrearemos a técnica de produción destes obxectos da man da artesá Carmen Piñón.