A Aula do Mar de Mera e a oficina de turismo de Santa Cristina amplían o seu horario de atendemento ao público durante a Semana Santa (16-20 de abril): de 10:00-14:00h e de 16:00-19:30h.
A "Aula do Mar" actúa como centro de recepción dos visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo e Serantes. Está situada entre os faros de Mera e no seu interior conta cunha exposición interpretativa permanente sobre o monumento natural, miradoiros e unha ampla terraza. Ademais, ofrécese información sobre as condutas aconsellables na contorna natural e sobre rutas de sendeirismo para percorrer a zona.
O Museo Os Oleiros, que alberga a maior mostra de olería tradicional da Península Ibérica; e o Castelo de Santa Cruz, onde están emprazadas as Salas de Exposicións Municipais que acollen as mostras “EnsambleIsaac” (homenaxe a Isaac Díaz Pardo) e “Obxectomanía: Unha historia singular do coleccionismo”; abrirán ao público no seu horario habitual, de martes a sábado, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00h.
Estes singulares espazos de convivencia, lecer, historia, cultura e tradición están abertos ao público durante todo o ano e a visita é gratuíta.