O acto contará coa actuación musical de Cristian Leggiero e Paty Lesta. Ademais, procederase á entrega de premios VII concurso de fotografía “María José Cayado”, no que puideron participar as persoas que formaron parte do programa do pasado ano.
O Ven e Descubre é un programa de calidade, que forma parte das numerosas actividades de envellecemento activo 65+ que desenvolve o Concello de Oleiros, no que o divertimento e a aprendizaxe van da man, unindo cultura, historia, tradicións, natureza… a través de viaxes nas que se coñecen historias fermosas de distintos lugares de Galicia. Todos os anos o programa e as súas rutas e excursións xiran arredor dunha temática común. Na presentación poderán coñecerse de primeira man os distintos destinos e os vínculos cos lugares que se visitarán.