O canon mínimo establecido é de 1.300 euros mensuais, IVE incluído. A persoa ou empresa adxudicataria asinará un contrato de 4 anos.
Neste momento xa manifestaron o seu interese na concesión 6 profesionais da hostalería. Con estas e outras persoas que poidan estar interesadas o Concello organizará unha visita ás instalacións este venres.
Toda a información referida a esta convocatoria é pública, atópase colgada na Plataforma de Contratación do Estado. As empresas e as persoas interesadas en participar neste proceso tamén poderán informarse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros.