Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Conmemoración do 172 aniversario de José Martí no parque de Perillo que leva o seu nome

A Asociación Francisco Villamil organiza o vindeiro martes 28 de xaneiro ás 17:30 horas o acto público de conmemoración do 172 aniversario do nacemento de José Martí. Será en Perillo, no parque que leva o seu nome.

Está prevista a intervención de Francisco Sebio, en representación da Asociación Francisco Villamil; Isidro Uffo, da Asociación Cuban@s José Martí; Ingrid Izquierdo, consulesa de Cuba en Santiago e Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros.

O Consulado General de Cuba en Santiago de Compostela e o Concello de Oleiros colaboran na realización deste acto.
 

back link