Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O 19 de setembro abre o prazo de inscrición para as actividades culturais 2024/2025 organizadas polo Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros organiza diferentes obradoiros culturais para todas as idades durante o curso 2024/2025. As actividades inclúen artes plásticas, pintura, obradoiros artísticos, teatro e olería.  O prazo de inscrición comeza o 19 de setembro ás 10.00 horas, con preferencia para persoas empadroadas en Oleiros.

As solicitudes realizaranse a través da Sede Electrónica do municipal ou de forma presencial no Centro Cultural A Fábrica en Perillo, de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.

Enlace á solicitude: https://www.oleiros.org/es/actividades-culturales/-/asset_publisher/HSJ5LJ3LSSU6/content/id/768132

Máis información na web municipal, na pestana “PARTICIPA: EVENTOS CULTURAIS”, no departamento de Cultura na Fábrica, no teléfono 981 610000 ext.4915 ou a través de cultura@oleiros.org

 

Actividades culturais 2024/2025:

- Obradoiros artes plásticas (nados entre 2013 e 2018)
Martes 16.30 a 18.00 e 18.00 a 19.30 horas, de outubro a xuño.
Escola o Castaño, Perillo.  Prezo público 21 euros/mes

Inicio 1 outubro
 


- Obradoiro teatro infantil (nados entre 2013 e 2018)
Sábados 10.30 a 12.00 horas, de outubro a xuño.
CEMAE, Perillo. Prezo público 13 euros/mes

Inicio 5 outubro
 


- Obradoiro olería infantil (nados entre 2013 e 2018)
 Sábados 12.00 a 13.30 horas, de outubro a xuño.
 Alfar As Torres, Santa Cruz. Prezo público 13 euros/mes
 Inicio 5 outubro
 


- Obradoiro de pintura infantil (nados entres 2013 e 2018)
Mércores 16.30 a 18.00 horas, de outubro a xuño.
 Escola o Castaño, Perillo. Prezo público 23 euros/mes

 Inicio 2 outubro
 


- Obradoiro artístico infantil (cómic, gravado e grafiti)(nados entre 2013 e 2018)
 Venres 16.30 a 18.00 horas, de outubro a xuño
 Escola o Castaño, Perillo. Prezo público 23 euros/mes

 Inicio 4 outubro
 


- Obradoiro teatro xuvenil (nados entre 2007 e 2012)
 Sábados 12.00 a 13.30 horas, de outubro a xuño.
 CEMAE, Perillo. Prezo público 13 euros/mes

 Inicio 5 outubro
 


- Obradoiro olería xuvenil (nados entre 2007 e 2012)
Sábados 10.30 a 12.00 horas, de outubro a xuño.
 Alfar As Torres, Santa Cruz. Prezo público 13 euros/mes

 Inicio 5 outubro
 


- Obradoiro de pintura xuvenil (nados entre 2007 e 2012)
 Mércores 18.00 a 19.30 horas, de outubro a xuño.
 Escola o Castaño, Perillo. Prezo público 23 euros/mes

 Inicio 2 outubro
 
- Obradoiro artístico xuvenil (cómic, gravado e grafiti) (nados entre 2007 e 2012)
 Venres 18.00 a 19.30 horas, de outubro a xuño.
 Escola o Castaño, Perillo. Prezo público 23 euros/mes

 Inicio 4 outubro
 


- Obradoiro teatro (+18 anos)
 Luns e xoves de 18.00 a 20.00 horas, de outubro a xuño.
 CEMAE, Perillo. Prezo público 17 euros/mes

 Inicio 3 de outubro

 

- Obradoiros de olería (+18 anos)
 Luns e martes de 17.00 a 19.00 e de 19.00 a 21.00 horas, de outubro a xuño.
 Alfar As Torres, Santa Cruz. Prezo público 38 euros/mes

 Inicio 1 de outubro

 

- Obradoiros de pintura (+18 anos)
 Martes de 10.00 a 12.00 ou de 19.30 a 21.30 horas e mércores de 11.00 a 13.00 horas, de outubro a xuño.
 Escola o Castaño, Perillo.  Prezo público 31 euros/mes

 Inicio 1 outubro

back link