Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O alcalde logra que o Goberno central se comprometa a actuar na pasarela do Castelo de Santa Cruz de inmediato

O alcalde, Ángel García Seoane, e o concelleiro de Obras e Medio Ambiente, Antonio Molinos, reuníronse esta tarde en Madrid co Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, e outros representantes do Ministerio. Foi un encontro moi cordial e moi positivo para os intereses de Oleiros, que se saldou co compromiso por parte do Goberno central de abordar de inmediato a obra da pasarela do Castelo de Santa Cruz, ben mediante unha reforma ou coa construción dunha nova pasarela.

En relación ás conexións do paseo da ría que quedaron pendentes coas obras do dragado, tamén se acadou un principio de acordo. Así, nun prazo breve de tempo, representantes do Ministerio de Transición Ecolóxica desprazaranse a Oleiros para determinar as obras a realizar e os trazados, para conectar, tal e como demandou o alcalde, os paseos de Cambre e Oleiros.


 

back link