Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O alcalde recibe aos estudantes alemáns que están de intercambio en Oleiros

Un grupo de estudantes de secundaria alemáns que están de intercambio en Oleiros foron recibidos hoxe na Casa Charry polo alcalde, Ángel García Seoane, quen lles explicou a singularidade do municipio e os animou a gozar da súa estadía no concello.

Son mozos e mozas que estudan no instituto Schuleraustauch, que realizan un intercambio co alumnado do IES Miraflores de Oleiros, que irán ao país teutón o próximo ano.

O alcalde estivo acompañado polos concelleiros de educación e cultura, María José Santos e Ramón Maceira, que cumprimentaron ao equipo docente que acompañaba ao alumnado, tanto do instituto alemán coma do oleirense.

back link