Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros organiza un recital poético CON NOME DE MULLER polo 8M

Imagen O Concello de Oleiros organiza un recital poético CON NOME DE MULLER polo 8M

O martes 18 de marzo ás 20:30 horas no teatro As Torres terá lugar o recital poético CON NOME DE MULLER a cargo da actriz Chus Álvarez, acompaña ao piano por Ángeles Dorrio.

O recital é unha homenaxe á poesía escrita por mulleres universais, en galego e castelán. Unha escolma de 36 poemas únicos, recitados con voz falada e cantada, e música en directo.

Entre as poetas galegas recitaranse poemas de Luz Fandiño, Luz Pozo Garza, Rosalía de Castro, Xela Arias, Xohana Torres ou Yolanda Castaño; entre outras, e entre as escolma de poetas españolas e internacionais, recitaranse poemas de Gioconda Belli,
Gloria Fuertes, Alejandra Pizarnik, Alfonsina Storni ou Emily Dickinson, entre outras.

A entrada e gratuíta e libre ata completar a capacidade da sala.