Semanas atrás a Xunta de Galicia realizou diversas obras de asfaltado e procedeu ao pintado das liñas na estrada AC-174 (avenida Francisca Herrera). Con algúns dos cambios efectuados impídese que desde a rúa A Pezoca os vehículos poidan xirar á esquerda.
Desde o Concello de Oleiros, tendo en conta que o cruce da Pezoca sitúase nunha recta con boa visibilidade, solicítase á Xunta de Galicia, titular da estrada, que proceda ao pintado dun carril de incorporación para arranxar esta situación. Son numerosas as queixas veciñais por esta decisión da administración autonómica dado que se causa un prexuízo a todos aqueles vehículos que queiran dirixirse cara o centro de Oleiros desde a rúa a Pezoca, ou tamén incorporarse a esta rúa procedentes de Montrove-Perillo.