Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Os semáforos da intersección de Coruxo serán eliminados

 Oleiros, 9 de xullo de 2021-. Nas próximas semanas procederase á eliminación dos semáforos existentes no alto de Coruxo. Substituiranse por sinais luminosas nas que se indicará a prioridade que teñen os peóns.

 
Dada a notable mellora que se deu no centro de Santa Cruz coa eliminación dos semáforos, preténdese contribuír a axilizar tamén o tráfico neste punto. A existencia dunha rotonda a escasos metros é outro dos motivos que facilita este cambio.
 
back link