Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Próxima dotación de iluminación para a estrada da Besta, entre Mera e a vía Ártabra

Imagen Próxima dotación de iluminación para a estrada da Besta, entre Mera e a vía Ártabra

O Concello contratou por 80.505 euros as obras coas que se dotará de iluminación pública a estrada que vai desde o centro de Mera ata a vía Ártabra, coñecida como A Besta. Os traballos comezarán nas próximas semanas. 

Esta estrada foi ampliada no ano 2022, grazas á xestión política do alcalde na Deputación. Foi unha importante obra viaria para mellorar a circulación, a seguridade viaria e a calidade do territorio no seu conxunto.