Atrás ALFAROLEIROS 2024

Este ano 2024 celébrase a XXX edición da feira de olería de Oleiros, máis coñecida como Alfaroleiros. Terá lugar do 7 ao 11 de agosto en Santa Cruz.

Un ano máis, diferentes oleiros achegaranse ao noso municipio para sementar o parque Luís Seoane de tradición e bo facer.

Coa finalidade de facer honor ao seu topónimo, o Concello de Oleiros desenvolve esta feira de olería tradicional que é, polo seu carácter específico, unha feira única onde a tradición e o antigo se esixen en toda a súa pureza. Convídase a oleiros tradicionais de diferentes puntos da Península Ibérica, que, ou ben son únicos na súa zona no traballo oleiro, ou ben son dos máis significativos en canto á calidade e pureza das pezas que traen á feira.

Paralelamente á feira, no mesmo parque Luís Seoane e na praza Esther Pita, desenvolveranse diversas actividades de carácter lúdico-cultural (obradoiros, concertos, espectáculos de rúa…) para gozo da veciñanza e das persoas que nos visitan nesas datas. Ademais este ano, con motivo do XXX aniversario, presentarase unha exposición de fotos conmemorativa destes anos. Ademais os artesáns e as artesás que participan na feira farán cada día en distintos horarios demostracións das distintas técnicas de traballo que empregan na produción das súas fermosas pezas.

Fecha del evento

Do 7 ao 11 de agosto

Lugar de Celebración

Santa Cruz