Atrás OBRADOIRO DE ENTROIDO

Ven a descubrir o mundo da oleiría tradicional vinculada ao Entroido, unha celebración de cor, festa e barullo. No obradoiro, aprenderás a crear instrumentos únicos como as buguinas de Buño e as cornetas de Bonxe, símbolos fundamentais desta festa.

Baixo a guía experta do ceramista Antón Román, mergullarémonos no proceso artesanal destas pezas, mesturando creatividade, historia e tradición nunha experiencia divertida e educativa para todas as idades.

¿A quién va dirigido?

Público infantil e familiar (os nenos menores de 9 anos deberán asistir acompañados dun adulto).

 

Fecha del evento

Días 15 e 22 de febreiro e 1 de marzo

Horario
  • 1ª quenda: de 16.00 a 17.30 h
  • 2ª quenda: de 17.30 a 19.00 h
Lugar de Celebración

Escola Municipal de Olería (centro cultural As Torres)

Plazo de inscripción

A partir do 28 de xaneiro ás 10.00 h. Fin de inscricións o 7 de febreiro.

Precio

De balde

Medios de contacto

Teléfono: 981 62 66 92

Correo electrónico: museos@oleiros.org