A Comunicación Non Violenta é unha ferramenta que nos permite abordar conversas e interrelacións coas persoas que nos rodean dunha forma mais sana, honesta e respectuosa, na que conectaremos coas necesidades e coas emocións da persoa coa que falamos e de nós mesmas para reducir os conflitos nas relacións.
En moitas ocasións os conflitos no entorno familiar, no traballo, coa veciñanza ou co entorno en xeral, están motivados por uns problemas na forma de comunicarnos. Ser conscientes do erros que cometemos contribuirá a mellorar esas relacións.
Dende Familias Inquedas quérese transmitir a súa importancia para manter un bo clima de convivencia nas casas, especialmente naqueles momentos nos que a comunicación cos fillos e fillas pode provocar conflitos e situacións de tensión.
Pais, nais e familias acolledoras que teñan ao seu cargo menores de idade e que están empadroadas no Concello de Oleiros
6 e 7 de maio de 2025 (martes e mércores)
18:00 - 21:00 h (os dous días)
Casa da Cultura de Perillo (3º andar)
Venres 25/04/25 ás 12:00 h ata o martes 29/04/25 ás 23:00 h
De balde.
Solicítase unha responsabilidade no suposto de ter unha praza adxudicada, cun compromiso de asistir á actividade de forma regular e dentro dos horarios (mais aló dos imprevistos por causa de forza maior que poidan xurdir)
s.sociais@oleiros.org
Será impartido por Virginia Pañeda Sanz, experta en educación emocional, en facilitación e no traballo con familias, que xa colaborou en anteriores ocasións nas actividades de Familias Inquedas.