Este programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural. O programa combina actividades de sendeirismo en espazos naturais, -tanto de costa coma de interior-, con visitas a museos ou outros lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial.

  • RUTA DA FERVENZA DO TOXA AO MOSTEIRO DE CARBOEIRO E ENTROIDO DOS XENERAIS DO ULLA.  22 FEBREIRO
  • RUTA POLA COSTA ÁRTABRA: DO FARO DE MEIRÁS Á PRAIA DE SANTA COMBA. 29 MARZO
  • RUTA POLOS VIÑEDOS E OLARÍA DA RIBEIRA SACRA DO CABE E O SIL. 26 ABRIL
  • RUTA FAMILIAR: RUTA CIRCULAR DA INSUA E PRAIA DE ARIÑO- CAMARIÑAS. 10 MAIO
  • RUTA POLO COUREL: DA DEVESA DA ROGUEIRA Á SEARA E FERVENZA DE VIEIROS. 31 MAIO.
  • RUTA POR RIANXO: DO ALTO DA MURALLA E RÍO TÉ ATA RIANXO. 28 XUÑO
  • RUTA POLOS ANCARES: SUBIDA A TRES BÍSPOS DESDE CAMPA DA BRAÑA E AVESEDO DE DONÍS. 27 SETEMBRO
  • RUTA FAMILIAR: RUTA DA FRAGA AOS MUÍÑOS- MESÍA. 11 OUTUBRO
  • RUTA POLA COSTA DO VICEDO NA MARIÑA LUCENSE . 25 OUTUBRO
 

ANDARES POR GALICIA: NORMAS Y RECOMENDACIONES

  • Este programa oriéntase ao descubrimento das características máis importantes a nivel natural, social e cultural das zonas que se visiten e no estímulo da conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural.
  • Trátase de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
  • Recoméndase roupa axeitada e cómoda e calzado específico para a actividade de sendeirismo, auga, gorro ou gorra, crema solar, bastón/s (opcional), e froita ou froito secos para levar na mochila durante a ruta.
  • O xantar e as bebidas das persoas participantes correrán pola conta de cada quen.
  • É recomendable que as persoas participantes informen sobre o estado físico, enfermidades cardiovasculares ou calquera outra contraindicación ou información relevante antes de iniciar calquera ruta (antecedentes, tratamentos médicos, etc.)
  • Así mesmo, é recomendable manter esta información médica actualizada se existira algunha variación entre a inscrición e o desenvolvemento das diferentes rutas.
  • A organización poderá impedir a práctica da actividade a aquelas persoas ás que considere poda resultarlles contraindicada, perigosa ou lesiva.
  • Os autobuses sairán con puntualidade nos horarios previstos. As persoas que non se presenten nos horarios acordados non terán dereito á devolución do prezo publico.
  • Durante a actividade respectaranse en todo momento as indicacións do monitorado en materia de seguridade, itinerarios a seguir ou recomendacións para o respecto e a protección do medio ambiente e o patrimonio cultural.
  • Evitarase coller plantas, que nalgúns casos son especies protexidas, autóctonas ou propiedade privada. Tampouco se deixará lixo de ningún tipo, nin restos orgánicos. Será responsabilidade de cada quen levalos de volta ou depositalos nunha papeleira.
  • As actividades ofertadas están suxeitas ás condicións do medio no que se desenvolvan e das persoas participantes, polo que poderán sufrir cambios a criterio do monitorado antes, ou incluso durante a actividade, por factores meteorolóxicos, físicos ou de seguridade ou ante circunstancias sobrevidas alleas á organización.
  • A organización gárdase o dereito de non admitir en rutas sucesivas a aquelas persoas que non acepten ou respecten esta normativa, provocando calquera altercado que poda incidir negativamente no desenvolvemento da actividade ou no resto de participantes.