Regulamento 2025 XXXV Tríatlon Concello de Oleiros
Organiza:
Concello de Oleiros
Correo electrónico: deportes@oleiros.org
Teléfono: 981 610 000
Colaboran:
Federación Galega de Tríatlon
Protección Civil do Concello de Oleiros
Policía Local do Concello de Oleiros
Garda Civil de Tráfico
Data e horario da carreira:
Sábado 24 de Maio 2025
Saída ás 16:00 h
Distancia:
Para todas as categorías, sprint:
Participación:
Neste tríatlon poderán participar:
- Todos/as os/as deportistas federados/as na Federación Galega de Tríatlon ou que tramiten licenza temporal de un día na Federación Galega de Tríatlon.
- Para os efectos de control organizativo o número máximo de participantes será de 230.
Categorías (H/M):
Absoluta (Xeral), Xuvenil (2008-2009), Junior (2006-2007), Sub-23 (2002-2005), Veterán 1 (1976-85), Veterán 2 (1975-1966 ), Veterán 3 (1965 e anteriores)
Calendario de inscrición:
- Do Luns 21 de abril ás 10:00 horas ata o luns 19 de maio ás 23:59 horas abrirase o prazo de inscrición aquí.
- A organización reservará 5 prazas para triatletas das categorías Xuvenil, 5 Junior e 25 prazas para mulleres. Esta reserva manterase ata o mércores 7 de maio ás 14:00h.
- O custo da inscrición para as persoas participantes é de 15 euros.
- As persoas non federadas deberán tramitar ademais a licenza temporal de un día a través da web da Federación Galega de Tríatlon na seguinte ligazón.
- Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario e xuntar o documento de protección de datos cuberto e asinado e a copia do DNI en Vigor. O abono da licenza de 1 día (20€ adultos / 6 € menores de 16 anos) farase con tarxeta bancaria a través de TPV.
- Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do importe da inscrición.
Saída, boxes e meta:
No parque A Lagoa de Mera, situado detrás da praia de Mera.